
A celebración do día de Halloween foi introducida na nosa cultura desprazando as ancestrais celebracións da Noite de Defuntos e o Día de Tódolos Santos.
Fai algúns miles de anos, os poboadores das hoxe illas británicas e a Francia atlántica (celtas?), celebraban o aninovo o 1 de Novembro e os seus sacerdotes dedicaban a noite a SAMHAIN, o cabalo da morte. Pasaban esa noite de SAMHAIN entre grandes lumeiradas e sacrificios de animais e posiblemente tamén humanos, para escorrentar as meigas e espíritos dos mortos que segundo a súa crenza esa noite volvían a pedir contas ós vivos, non era unha noite festiva senón de medos e supersticións.
Logo despois chegaron os romanos conquistando eses territorios e adaptando as costumes dos dominados ás súas. Eles tiñan eses días a festa da Pomona, dedicada á deusa das arbores de froitos, e ó mesturarse as celebracións, co paso do tempo a cousa pasou a ter un carácter mais lúdico e festeiro.
Ó propagarse o cristianismo e veren os sacerdotes con desagrado, que aínda quedaban adoradores de Samhain ou Pomona, o cal non consideraban oportuno para ganar “clientes” para o seu negocio, converteron a festividade, igual que tantas outras, en cristián. Como xa tiñan o “candelario”, ou sexa o almanaque, moi ocupado e aínda quedaban santos sen o seu día, viron a ocasión e decidiron matar dous paxaros dun tiro metendo alí o Día de Tódolos Santos, en inglés All Hallow Day, e en consecuencia a noite anterior All Hallow Even, e aplicando as coñecidas contraccións do inglés xa temos enriba o ditoso Halloween!
Popularizouse nos EE.UU. cá chegada masiva de irlandeses na segunda metade do século XIX. Non se celebrou, sen embargo, masivamente ate o 1.921, que se celebrou, según parece, o primeiro desfile de Halloween en Minnesota e logo noutro estados, e a partires de eso, como todo naquelas terras medrou e converteuse nun bodrio, unha mala copia do que en principio era.
A nos chegounos, coma todas as modas e costumes EE.UU., po-las series da T.V. nos anos 80, moi recentemente, como se ve, ainda que algúns pensen que de toda a vida.
Faltábanos o dos disfraces nesta celebración. Pois ben, parece que o asunto ven da Idade Media, cando nestes días os bandoleiros aproveitaban o temor das xentes e disfrazados e embozados finxíanse espíritos para espolialos impunemente.
Por estas terras, nin Halloween nin Samain!, o que se celebrou dende que teño constancia e referencias (todo o pasado século XX) e supoño que moito antes tamén, foi a Noite de Defuntos con cabazas vaciadas imitando cabeiras e con unha vela acesa dentro, que se colocaban nos cómaros e valados dos camiños que levaban os cemiterios e nas ventás e soleiras de portas en calles estreitas, co ánimo de divertimento e solaz principalmente dos rapaces. E o dos disfraces, ….no Antroido! Que é cando toca.
E o resto son “snobismos” e parvadas do sistema consumista.
01 noviembre 2007
Halloween ou Samain?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
The Jack-o-lantern is the festival light for Halloween and is the ancient symbol of a damned soul. Originally the Irish would carve out turnips or beets as lanterns as representations of the souls of the dead or goblins freed from the dead.
When the Irish emigrated to America they could not find many turnips to carve into Jack O'Lanterns but they did find an abundance of pumpkins. Pumpkins seemed to be a suitable substitute for the turnips and pumpkins have been an essential part of Halloween celebrations ever since.
Comentario por Un (08-11-2007 22:42)
Amigo, no has entendido nada.
El asunto es que en estas tierras del finisterre gallego, en Galicia, existía una tradición que es lo que yo comento.
En las últimas décadas (80, 90,...) se nos está imponiendo algo foráneo, el HALLOWEEN, por intereses económicos y comerciales, una tradición que está muy bien y es muy interesante en otros lugares pero que no es propia de aquí y no tiene nada que ver con nuestra cultura.
Ese es el tema.
Pd. He escrito en castellano para que te resulte mas legible.
Comentario por De Redes (09-11-2007 20:22)
Está documentado que orixinalmente faciase con nabos, e que ó ir a América foi cando empezaron a usar cabazas, costume que veu de volta ó vello continente.
Tempo despois veu de América, novamente, o tema do Hallowenn ese comercial e de disfraces, pero esta innovación xa non gusta tanto, ainda que é tan foránea como a outra, que por que che guste máis non vai a ser máis autóctona.
Comentario por Un (10-11-2007 21:42)
Non se trata de que o que a min me gusta máis sexa o máis autóctono.
Tratase de que non me gusta o Halopín ese nin outras moitas historias que nos están a invadir. E teño todo o dereito a defenderme de esa e de todas as costumes estúpidas que a TV e o Corte Inglés e o resto do sistema consumista nos están metendo.
Sempre, ó longo da historia da humanidade, se transmitiron as costumes e coñecementos entre as xentes pero de unha forma gradual e asumible e non con calzador.
Tamén teño clarísimo que no momento que estamos a vivir, donde as comunicacións fan que o mundo sexa moi pequeno, esto é inevitable, pero non teño que aceptalo sin máis e darme por fodido. E entón o que fago é expresar a miña opinión e deixar o meu testemuño, ainda que a ti non che guste.
Comentario por De Redes (13-11-2007 21:24)
Publicar un comentario en la entrada