Supoño que todos saberedes de LUAR NA LUBRE.
Luar na Lubre é un grupo galego de música folk.
A etimoloxía das palabras que compoñen o nome dinos que Luar significa en galego resplandor da lúa e Lubre era unha especie de lugar máxico para os celtas.
Ó longo da súa Carreira como formación musical contribúe a difundir e valorar a cultura e a música galega, levándoa polo mundo adiante.
Mike Oldfield, que quedou namorado do tema do video anterior, "O son do ar", composto por Bieito Romero, e das marabillosas interpretacións de Rosa Cedrón, no
Actualmente a voz é a cantante portuguesa Sara Louraço Vidal, que relevou á emblemática vocalista e violonchelista Rosa Cedrón, que decidiu adicarse a súa carreira en solitario.
E xa saberedes tamén que un dos fundadores do grupo é nativo de Redes, descendente de redeños.
Xulio Varela Pérez é fillo de Xulio Varela de Ares e de Pura Pérez Mártinez de Redes, filla de Vicente Pérez Paz (Vicente o baleiro) e de Trina Mártinez.
A casa dos seus avós é a do lado da perruquería de Dora. Pola parte datras da casa, que da á rúa da Riveira tiñan unha tenda que atendían Trina e a súa irmán Pura. Cantas veces teño ido a comprar á tenda de Pura sendo cativo.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada