09 febrero 2009

A Metamorfose, 2ª parte.

O meu "Perseguidor", e ante todo amigo, do Curbeiro fíxome unha pregunta sobre o asunto da "metamorfose".

Pensaba contestarche nun correo privado, pero decidín facelo aquí, por si pode ter interés para alguén máis. Unha vez feito o choio que valga para máis de un. Alá vai a resposta:

Usando este enlace chégase á primeira páxina, onde pulsamos “Crear mi morph”. Na seguinte páxina pulsase “Examinar”, desprégase un cadro no que nos da a posibilidade de elixir unha foto nos nosos arquivos fotográficos. Eliximos a que nos pareza ben e pulsamos “¡Usar reconocimiento facial!”. Aquí nos pide que nos demos de alta. Si queremos seguir témolo que facer, e unha vez dados de alta, e logo de esperar un anaco, ofrécenos a posibilidade de elixir entre varias fotos de personaxes famosos, eliximos o que nos pareza, pulsamos “Siguiente” e chegamos a esta páxina.

Remarcar que aquí é importante, para lograr un efecto de transición o mellor posible, que tomemos varios puntos de referencia nunha das fotos, cantos máis mellor, os ollos, a punta do nariz, as comisuras da boca, o queixelo, os lóbulos das orellas,…. e logo situámolos ben na outra. Sitúanse seleccionando a ferramenta con forma de man e situándoa sobre o punto a mover, facemos click nel e cando se torne roxo, arrastrar e soltar no sitio apropiado. Podese seleccionar a lonxitude do vídeo de resultado (abaixo á esquerda) e logo pulsase “Ver”.

Unha vez visto o resultado pulsamos “Guardar” e verás que che ofrece a posibilidade de gardalo directamente nun Post de diferentes servidores, ou tamén verás que ofrece, nuns cadros á esquerda, varias posibilidades. Si usamos a que pon “Otra” aparéceche na páxina seguinte o HTML, que podes copiar e pegalo directamente nun blog ou páxina web.

E velaí o resultado final:


A verdade é que non hai ningún parecido entre os tipos das fotos, pero a que o resultado é moi curioso?.
Éche unha forma coma outra calquera de perde-lo tempo, e como hoxe anunciaban un temporal que está sendo un temporaliño, do cal hai que aledarse, e como non había máis que facer…..

1 comentarios:

Anónimo dijo...

É incrible! Poñas a fotos que poñas sempre acabas por converterte en Kipling. Eu probei cunha foto de mozo (vinte e moitos anos) e tiña onde elixir, entre outros a Brat Pitt (jode eh?) e Susan Sotang.
Bueno, pois vou intentar facer o que dis coa chuleta.

Grazas curmán