29 abril 2009

Humedal da Xunqueira


Paga a pena visitalo; a pouco que te pares pasas unha hora moi agradable e relaxante.

O día que fixemos estas fotos ainda non estaba rematado pero xa se ve que é unha fermosura.




Está moi ben, pero bótanse en falta algúns bancos de madeira para poderse sentar, é de supoñer que se poñerán, e, sobre todo, PAPELEIRAS. Abundantes PAPELEIRAS, integradas apropiadamente no entorno, donde os visitantes menos escrupulosos e concienciados poidan depositar os seus desperdicios. O ideal é non deixar quedar "nada" ao finalizar a visita, pero como xa se está a notar non se fai así. Urxe colocar papeleiras.

09 abril 2009

Artxove

O pasado día catro inaugurouse en Pontedeume a XIV edicción de Artxove e manterase aberta ate o día 19.
Voume permitir o gusto de ser un pai "tontorrón" e orgulloso ao que lle cae a baba, e non me vou a cortar un pelo para dicir que a miña filla é unha das "artistas" participantes no evento.

Presenta este debuxo:

Titulouno "Airexa".

Eu penso que ten feito cousa mellores, e podese ver AQUÍ unha mostra.
A ver si se decide e dedica máis tempo a esto.