26 novembro 2007

A traiñeira

Esta traiñeira bautizouna Manuel López Amado, e púxolle de nome, moi apropiado por certo, Derradeira.



Foi a primeira embarcación do "Club Remeros de Redes" e con ela empezou a súa andaina a sociedade. Era o ano 1.965 cando chegou.

Remábamos, Rabanico de patrón, que nos facía pasar pola escancha do Mourón . Dicía: atentos, larga remos¡¡.. pasábamos arrimados ás pedras.... Dios ¡¡ .. que tempos ... Había que coller velocidade e que o mar fora calmo, si non!!.
De popel Pépe o Pirixel, cando os demais nos queixabamos de que faciamos vexigas nas mans el dicía que o remo pulíallas e deixáballas mais finas. Era certo no seu caso. Nunha ocasión que faltara Pirixel, Rabanico púxome de popel. Eu, como era un cativo de 15 anos, quería cumpir e remaba tan entregado que lle fíxen pedir papas á mais de un; "Pa dios có cativo, pero para un pouco, joder!" dicía Germán.
O proel era Moncho do Moreno, era rápido cambiando o remo polo espadín nas ciabogas, Germán, Toncho, Toto Barcenas, Enrique o Beluso, Luis o Vivo, este cando iamos polo medio da ría entrenando dicía que lle tocaba o remo no fondo, e veña risas.
Julio Abelleira, Paco Queijas, Paco Varela, indo para Santander, a un campionato de España dixo ó entrar en Asturias, "manda carajo, como hay que poner la manos para salir de Galicia" moitos era a primeira vez que saiamos.
Tamén remou José Manuel Naveiro, iamos no bus de Ramón o de Ares que era "lento pero seguro" e Naveiro desesperábase, él era piloto de ralis e diciañe, "mete la cuarta Ramón", e Ramón con toda a súa calma contestaba "Y para que, alla adelante ya hay una curva". Eran eternos os viaxes con Ramón, que en paz estea. Camilo, Santidá, Manel, .... ainda ha de quedar algún mais. O que era dificil era xuntarnos a todos, a tripulación era de 13 remos e patrón, a veces entrena bamos 6 ou 7, era dificil coincidir os suficientes para facer un equipo por semana, había que traballar e non coincidian os horarios.

Tráeme moitos recordos, tiña nesa época catorce e quince anos, un cativo de merda no medio de outros maiores, eran o demo. Eu participei en tódalas regatas que se fixeron con esa embarcación.
E si non recordo mal, pois xa foi nos anos 66 e 67, foron dúas regatas do "Generalísimo" na Coruña e un campionato de España en Santander, que por certo non levámos a nosa trainera, prestáronos unha alí, en Santander, pero e que por Galicia entón non había apenas banco fixo.

Falando de Santander, venme a mente outra anécdota destas viaxes.
Despois da regata saímos a cear e a dar unha volta por Santander.... Eran xa as tantas da madrugada estabamos ó lado do bus de Ramón, aparcado no paseo que leva ate o Sardinero, e salta O Pirixel “Veña Marulo, chama dende aquel teléfono un taxi que nos leve o centro a tomar algo” “E a donde lle digo que veña?” “A donde vai ser! A o coche de Ramón!”. Pepe O Pirixel!.

A trainera usárase dous anos, e foi un medio de entrar no mundo do remo, había que participar nalgunhas regatas para empezar a recibir as poucas axudas que daban e a partir de eso pasarse ó banco móbil, que era o que se pretendía, o remo olímpico. Nos anos 80, empezouse a volver ó banco fixo, foi unha política empregada po las Federacións Galegas co gaio de darlle mais interese de cara o publico ó remo, como pasaba no norte, Asturias, Cantabria e P. Vasco .
Os cataláns, andaluces, e outros seguiron có remo olímpico, non entraron a participar no banco fixo.

Recordos!