Esta traiñeira bautizouna Manuel López Amado, e púxolle de nome, moi apropiado por certo, Derradeira.
Esta traiñeira foi a primeira embarcación do "Club Remeros de Redes" e con ela empezou a súa andaina a sociedade. Era o ano 1.965.
Remábamos, Rabanico de patrón, que nos facía pasar pola escancha do Mourón . Dicía: atentos, larga remos¡¡.. pasábamos arrimados ás pedras.... Dios ¡¡ .. que tempos ... Había que coller velocidade e que o mar fora calmo, si non!!.
De popel Pépe o Pirixel, cando os demais nos queixabamos de que faciamos vexigas nas mans el dicía que o remo pulíallas e deixáballas mais finas. Era certo no seu caso. Nunha ocasión que faltara Pirixel, Rabanico púxome de popel. Eu, como era un cativo de 15 anos, quería cumpir e remaba tan entregado que lle fíxen pedir papas á mais de un; "Pa dios có cativo, pero para un pouco, joder!" dicía Germán.
O proel era Moncho do Moreno, era rápido cambiando o remo polo espadín nas ciabogas, Germán, Toncho, Toto Barcenas, Enrique o Beluso, Luis o Vivo, este cando iamos polo medio da ría entrenando dicía que lle tocaba o remo no fondo, e veña risas.
Julio Abelleira, Paco Queijas, Paco Varela, indo para Santander, a un campionato de España dixo ó entrar en Asturias, "manda carajo, como hay que poner la manos para salir de Galicia" moitos era a primeira vez que saiamos.
Tamén remou José Manuel Naveiro, iamos no bus de Ramón o de Ares que era "lento pero seguro" e Naveiro desesperábase, era piloto de ralis, e diciañe, mete la cuarta Ramón, e él contestaba "Y para que, alla adelante ya hay una curva". Eran eternos os viaxes con Ramón, que en paz estea. Camilo, Santidá, Manel, .... ainda ha de quedar algún mais. O que era dificil era xuntarnos a todos, a tripulación era de 13 remos e patrón, a veces entrena bamos 6 ou 7, era dificil coincidir os suficientes para facer un equipo por semana, había que traballar e non coincidian os horarios.
Tráeme moitos recordos, tiña nesa época catorce e quince anos, un cativo de merda no medio de outros maiores, eran o demo. Eu participei en tódalas regatas que se fixeron con esa embarcación.
E si non recordo mal, pois xa foi nos anos 66 e 67, foron dúas regatas do "Generalísimo" na Coruña e un campionato de España en Santander, que por certo non levámos a nosa trainera, prestáronos unha alí, en Santander, pero e que por Galicia entón non había apenas banco fixo.
Falando de Santander, venme a mente outra anécdota destas viaxes.
Despois da regata saímos a cear e a dar unha volta por Santander.... Eran xa as tantas da madrugada estabamos ó lado do bus de Ramón, aparcado no paseo que leva ate o Sardinero, e salta O Pirixel “Veña Marulo, chama dende aquel teléfono un taxi que nos leve o centro a tomar algo” “E a donde lle digo que veña?” “A donde vai ser! A o coche de Ramón!”. Pepe O Pirixel!.
A trainera usárase dous anos, e foi un medio de entrar no mundo do remo, había que participar nalgunhas regatas para empezar a recibir as poucas axudas que daban e a partir de eso pasarse ó banco móbil, que era o que se pretendía, o remo olímpico. Nos anos 80, empezouse a volver ó banco fixo, foi unha política empregada po las Federacións Galegas co gaio de darlle mais interese de cara o publico ó remo, como pasaba no norte, Asturias, Cantabria e P. Vasco .
Os cataláns, andaluces, e outros seguiron có remo olímpico, non entraron a participar no banco fixo.
Recordos!
26 noviembre 2007
A traiñeira
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada