Estes días atrás, revolvendo polos caixóns, atopei esta especie de libriño que é recordo dun tempo de reivindicar e protestar, que é o que teñen que facer os mozos. Ainda que hoxe parece que non se practica este sano costume. A mocidade está moi "acomodada".
Como se pode apreciar é de fabricación moi artesanal. E non recordo si o daban ou o vendían nun concerto, diante da igrexa de Pontredeume, de Benedicto e Bibiano.
Eran os últimos coletazos da dictadura, nunha tarde do verán do 74 , cando Benedicto e Bibiano nos ofreceran o concerto "Agora entramos nós".
Asistíramos unha morea de rapaces, e un nutrido grupo de representantes do cuartel da gardacivil da Vila.
A cousa estaba bastante ben organizada, con sillas e todo; empezou a actuación, os asistentes coreábamos as cancións, eran de sobra coñecidas: Soñamos, María Soliña, A campán do pobo, Berros de loita,.... todo foi moi ben ate que chegou a do "Can de palleiro":
¡Ai!, rabioso e vello can de palleiro/ daste conta de que xa vas morrer,/ e non poderás trabar,/ e non poderás morder/ e os teus podridos dentes verás caer/ caer un detrás doutro, verás caer/ até que caia toda a túa dentadura/ a túa forte dentadura viráse abaixo,/ abaixo a dentadura.
Entón os do público empezamos a corear o último estribillo... "Abaixo a dictadura!, Abaixo a dictadura!". Ergueuse o sarxento da Gardacivil facendo cos brazos o xesto de acabouse, e acabouse, saimos dalí todos controlados polos guardias, e non houbo máis.
Naqueles tempos o control sobre "as ideas" era férreo, ... e sobre estes dous? non hai mais que pensar que formaron parte de Voces Ceibes para facerse unha idea.
06 agosto 2008
Benedicto e Bibiano.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Amigo Amando:Que vellos vamos!Eu tamén estuven ali!E fai 34 anos!Parecemos do Pleistoceno!Moi Ben os teus comentarios sobre os diferentes temas.Noraboa!
Ainda foi o outro día, non si?... como que fai 34 anos!
Alégrame que alguén deixe quedar a "pegada" do seu paso por aquí.
Si ben, en principio, non esperas nada ó facer isto, logo ó ir vendo que pasa a xente e non deixa ningún comentario desanima un pouco.
Gracias.
Está todo controlado, pibe. Si observas no artículo, pulsando có rato no nome de calquera deles desplégase o seu blog, o de Benedicto ou o de Bibiano.
Saúdos, primo 3º.
Estás en todo bisneto do irmán da miña bisavoa.E dicir, tataraneto dos meus tataravós. Debemos ser tataraprimos ¿non?. Por certo, ¿viche o de Tojino no foro de Caamouco.net?. Vai facer un vídeo da cova da moura (ou dos mouros, xa non lembro como se chamaba).
Saúdos
Publicar un comentario