Vintecinco anos despois da finalización da Guerra Civil, o réxime de Franco decidiu expoñe-los froitos da súa acción.
No 1964 sendo ministro de Información e Turismo o hoxe demócrata Manuel Fraga Iribarne, puxo en marcha unha xigantesca campaña propagandística para conmemorar os vintecinco anos de paz en España, presentada como un gran triunfo do réxime de Franco.
Para elo, deixouse a un lado o discurso político de cruzada, que discriminaba ós vencidos de abril de 1939, en beneficio dun ton máis conciliador, que pretendía capitalizar a paz asociándoa ás melloras económicas e sociais que se empezaban a percibir.
O que fixeron entón foi encher as prazas das cidades e vilas con numerosos carteis que loubaban os seus logros, comparando situacións de antes e despois, como os da mostra deste artigo.
Recordo como encheron o Pedregal e o Salón de América de grandes carteis pegados sobre taboleiros de mais de dous metros de alto formando calles e os cativos correndo a xogar polo medio deles, entre todos estaba eu, que era un rapaz novo e asustado de algo que se escapaba a miña lóxica e comprensión de rapaz de aldea, recordo aquel episodio como algo desagradable ó igual que aqueles "simulacros" de elccións seudo democráticas que se facián para elexir ós representantes do tercio familiar, .... deus! que mal soaba aquelo!.





primeiro curso e encargado da escola. Alto, pero menos do que parecía por ser seco de figura e moi dereito nos andares, pelo branco debaixo da boina, bigote fino, amable e ... que vou dicir, probe de min, de Parallé que non estea xa dito. Agradecerlle certas directrices e liñas que el definiu nun momento transcendental e que axudan a que a vida dun adolescente tome unha determinada dirección , e en boa medida a adición á lectura, pois gracias a el e os seus comentarios fíxenme socio do Círculo de Lectores, e ámbalas dúas cousas foron importantes na miña vida.