01 febreiro 2009

Soldados de Salamina

Isto non pensaba sacalo á luz xa que é o produto dun discorrer polos ríos dos recordos, un enlazar, como tantas veces acontece, cousas pasadas e actuais. É unha ensamblaxe de distintos momentos vividos, e que tirando dun fío saen do rebumbio de cousas que garda cada quen na súa cabeza.
A min pareceume que non tiña cabida aquí e decidín non editalo, pero resulta que un bo día, cando xa o tiña escrito, en vez de darlle a gardar como "borrador" deille a "publicar", e ainda que logo deime conta e retireino, o meu "seguidor", o do Curbeiro, que máis parece un "perseguidor", xa mo reclamóu. En atención á súa petición, aínda que penso que non ten maior interés, aquí está:

O asunto é que logo de escribir a propósito da primeira viaxe a Bañolas os meus pensamentos colleron rumbo cara un libro que lin hai un tempo, e que xa daquela me dera que pensar.

Refírome a "Soldados de Salamina" do escritor Javier Cercas, publicado no 2.001 e levado logo ao cine por David Trueba. Trata do frustrado fusilamento de Rafael Sánchez Mazas, un dos fundadores da Falanxe e que ademáis de ser pai do coñecido lema "Arriba España", foino tamén do escritor Rafael Sánchez Ferlosio, do filósofo e matemático Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio, e do cantautor Chicho Sánchez Ferlosio responsable, entre outras moitas letras, desta:
La hierba de los caminos/ la pisan los caminantes/ y a la mujer del obrero/ la pisan cuatro tunantes/ de esos que tienen dinero....Qué culpa tiene el tomate/ que está tranquilo en la mata/ y viene un hijo de puta/ y lo mete en una lata/ y lo manda pa’ Caracas.....Cuándo querrá el Dios del cielo/ que la tortilla se vuelva/ que los pobres coman pan/ y los ricos mierda, mierda.

Os feitos aconteceron no 1.939 en Santa María del Collell. Colexiata, enclavada na faldra do Pirineo xerundense, reconvertida en cuartel republicano e logo en prisión ao longo da Guerra Civil. A historia está contada dende o punto de vista dun escritor que investiga o tema e continúa o libro contando as peripecias do prófugo polos montes e vales desa zona, e o encontro cunhas persoas, a algunha das cales o escritor-narrador entrevista, que o atenderon e axudaron a pesares de non ser do seu mesmo credo.

A pesares de que non me pareceu un gran libro, en min despertou un interés que tiña que ver co recordo, (sempre os recordos....), que gardo dunha segunda viaxe a Bañolas a outro Campionato, este pode que fora no 1.969 ou 70? e do que hai algunhas fotos en Caamouconet , aportadas por Carlos Yañez. Nesta ocasión a expedición era moito máis númerosa cá anterior e aloxáramonos nunha colexiata que na época estival ofrecía as súas habitacións ao público. Esa residencia era Santa María del Collell que, polo visto, logo de ser cuartel republicano e prisión voltou a ser colexio.
Seguro que os que foron a esa viaxe teñen moitos recordos dese lugar e das escapadas nocturnas e da piscina onde se fixo algunha das fotos. Espero que si algún deles (que eu sei que se pasea por aquí algunha que outra vez) ao ler esto nota que os seus recordos afloran, nos conte algunha anécdota máis.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

E tiñas pensado non publicalo? ¡como para matarte! É marabilloso. Grazas unha vez máis polos bos ratos que me fas pasar.

Anónimo dixo...

Hola Amando:

Si,estuven nesa viaxe a Banyoles.Esa foto quiteina eu,creo que é a orillas do Ebro en Zaragoza,creo.

A miña participación deportiva foi moi activa.Encargueime de gardar unha carteira con fichas e cartos da viaxe,Ricucho nin me deichou bañar!Que proel tan bon destragouse para o remo!.

Mira o qué é a vida:Xa non están nin Suso nin Beluso.

Unha aperta Amando.Juan Miguel.

DeRedes dixo...

É a orilla do Ebro, si señor, fronte da catedral.
Ricucho xa sabemos como é, pero así e todo nomeoute tesoureiro da expedición, que non é pouco.
E dos que faltan, tamén eu me dei conta ó ve-la foto.

Saúdos Miguel.

Anónimo dixo...

Bonito blog e bonita foto. Moitas veces me ten falado do viaxe pero nunca vira fotos. Gracias un saudo. Meu pai e jose Pérez. O da camiseta branca que asoma polo lado.