06 xaneiro 2008

En que quedará ó final todo esto?

Seis calles y una plaza


Este artigo publicouse no Pais no momento en que o Colexio de Arquitectos da Coruña elixeu a Redes para a "súa" celebración do Día Mundial da Arquitectura", como modelo de conservación da arquitectura tradicional e "desenrolo sostible", que está moi de moda.

Tamén decía LA VOZ DE GALICIA:

"A delegación coruñesa do COAG propuxo ao pobo de Redes (Ares), unha localidade cuxas vivendas tradicionais se atopan co mar con naturalidade, con pequenos muros, ramplas e escaleiras. As súas rúas estreitas e pequenas prazas transmiten serenidade e familiaridad."

En esas datas pensei no perigo que supoñía para Redes toda a propaganda que se lle estaba facendo, a invasión de curiosos que podía desencadear eso, e que algúns ó final decidiran quedarse, e o peor non é que decidan quedarse, o peor é que decidan comprar. E facendo gala dun poder adquisitivo que non teñen a maioría da xuventude "autoctona" que quixera quedarse no pobo, e como digo compren, "restauren" e se marchen para volver só un mes ó ano, desprazando así a eses rapaces que quererían formar aquí a súa familia e non poden competir economicamente cás ofertas que fai esa xente.

Ese non é o
futuro desexable para un pobo como Redes, no que xa está a pasar eso. Nos meses estivais enchese de xente e coches por tódolos sitios, casi non hai por onde moverse, e cando chega o Outono e Inverno é coma un pobo pantasma cheo de casas baleiras e fiestras pechadas.
E triste a idea de que esto poida ir a máis. Non sei si a celebración dos Sres. arquitectos, "a súa celebración", lle faría un fraco favor a Redes. Creo que non se coñece nin se entende, nin se pretende entender, xa que eso non interesa máis que a os que viviron e viven Redes dende a nenez, o seu pasado con todo ese pouso de sucesivas xeracións de mariñeiros e emigrantes que se respira nas súas casas, nas rúas e prazas deste pobo e que é o que o fai singular, si perde estas características particulares xa non será un sitio distinto, será un pobo máis.
E tal vez este sexa o problema principal á hora de artellar un plan de protección integral para un sitio como este, que o fan persoas que ven o pobo dende fora.


Andaremos e veremos en que remata todo esto ó longo dos vindeiros anos, ogallá o tempo me quite a razón.

Ningún comentario: