Quen nunca veu arde-las augas do mar, non sabe o espectáculo que se está a perder.
Cando, por unhas determinadas circunstancias que non veñen ó caso, o contido en fósforo das augas do mar alcanza uns determinados valores, calquera movemento que se produza na auga de noite provoca una luminescencia notable.
Suca-las augas da ría, nesa calma das noitiñas do verán vendo arde-las augas, é unha experiencia inolvidable. Ver por popa a estela luminescente que vai deixando a embarcación, as estelas que fan os peixes apartándose do noso paso, saíndo como fogos artificiais por proa, a babor e estribor e hacia o fondo cal fogos de artificio. Todo eso dentro dunha calma só rota polo ruído dos trece remos nas chumaceiras dunha traiñeira ó entrar con golpe seco no mar que se abre a eles , “Todos a unha!” di Rabanico. Ou o ruído da auga que rompe na proa e volta a caer con pingas de luz o paso da embarcación na que, de madrugada, voltamos da festa Das Peras de Pontedeume, oíndo o fantasmagórico eco do motor e das palabras, que parece que rebotan na escuridade e non son nosas.
E o ver rompe-las olas nunha praia, cando hai ardentía, facendo esa especie de tirabuzón luminoso que se envolve contra a area, xa é o colmo do espectáculo de luz e sonido que nos mostra a natureza.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada