25 setembro 2007

Dous oficios, doble traballo


A xente de Redes, non vivía exclusivamente do mar.

Había outro medio de vida, as terras que rodean o pobo, eran propiedade das xentes de Redes, e nelas traballaban.
E digo había porque agora, practicamente non quedan aquí labradores, os que cultivan algo fano, a maioría, por entretemento.

Un pequeno número de familias vivían só da terra.
Pero a maioría tiñan dous oficios, as mulleres atendela casa e os fillos, e a labranza, e os homes o mar en tarde-noite e a labranza para “descansar” nos ratos libres, e o de durmir, cando se podía.

Polo Castelo, Agra, Sabadelle, A Chaeira, Fontemerdeira, Os Campos, A Redonda, e así hasta chegar polo outro lado a Os Páxaros e O Curbeiro, pasando por Ríos, Liñares, Riosouto, que eran zonas de horta e frutais, víanse nas épocas de labor, as xentes traballando nas laburías.
Sementando patacas ou maínzo e fabas, o trigo que tamén se sementaba moito, a remolacha para o gando, plantando coles ou repolos, ou ben sachando ou colleitando, ou segando, sempre había xente polas terras e estas estaban limpas e abonadas e non como se ven na foto actual.
Recordos das mallas do trigo no Pedregal, na aira de María do Raso, no Campo, en Curmá, Mazaido, na Solaina…. Que calor facía e como picaban os “caños” que quedaban despois de separar o grao e a palla. ….. As xentes axudándose uns os outros, tomando a merenda nas plantas de patacas ou nas segas.

Outro grupo ganaba o sustento na industria, (O Arsenal, Astano mais tarde, Fenya, Fábrica de lápices e outros talleres e comercios da zona) tamén na mercante ou na emigración.

Pero esa xa é outra historia e outras economías distintas.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Felicitacións polo blog, encántame os teus comentarios, estou desexando que atopes tempo para seguir escrebendo.

E digo eu que poderías empregar as fotografías da malla e da sacha do fotoblog de caamouco.net para ilustrar este apartado. Imaxino que a ninguén lle parecerá mal. Por certo, ¿non terás fotografías daquel entón para enriquecer o fondo documental do fotoblog de caamouco.net?
Disculpa por non presentarme, eu son do Curbeiro, o fillo do medio de Andrés e Rosa, os do comercio da praza do campo, supoño que sabes de quen estou falando.
Unha aperta.

Comentario por xavi (30-10-2007 11:36)

DeRedes dixo...

Así que eres do Curbeiro, ....vaia,vaia, home!.....crees que era necesaria tanta presentación?
Como non te había de coñecer, claro que te coñezo, e tamén a teu irma, que son de Redes!. Tamén coñecía a teu pai, tenme posto algunhas inxeccións e teño esquivado po-los pelos algunha das colillas que lanzaba po-la fiestra do piso de arriba do comercio, e tiraba unhas poucas, eh!

Moi boa xente Andres e Rochucha.

Comentario por DeRedes (30-10-2007 21:18)

Anónimo dixo...

Xa vexo que me coñeces, o que non sei é si te coñezo eu a ti. A descripción que fas de ti mesmo ("Son calquera rapaz do Redes dos primeiros anos cincuenta")tampouco axuda moito a saber quen es.

Comentario por xavi (31-10-2007 06:36)