
Redes visto dende o mar, estaba rodeado das “cabrias” onde se colgaban as redes a secar.
Era este un traballo engadido que tiñan naquel tempo os mariñeiros.
Como os aparellos eran de fío de algodón, había que poñelos a secar para que non se pudriran, cada día ó chegar do mar e embarcalos antes de saír.
Por eso nas fotos antigas de Redes sempre se ven cabrias e redes bordeando a costa.
Había na parte alta da praia, contra o barranco, unha franxa de pedras de ata catro ou cinco metros de ancho onde máis, que eran moi típicas desta praia. Estaban moi traballadas polo mar e eran lisas e redondeadas, no verán estaban quentes do sol e era unha gozada deitarse nelas logo dos prolongados baños que nos dábamos. Estas pedras foron desaparecendo unhas tapadas polo barro que caeu do barranco e outras expoliadas, levaronnas nas lanchas para tirarlles os "peixes bravos" (delfíns) e alonxalos así das redes, viñan tamen lanchas de fora de Redes a buscalas,... unha magoa, porque eran unha seña de identidade da Areamorta.
Alí tonteábamos cas rapazas cando éramos novos, nas sesións de solarium pos baño.
Recordo nos anos cincuenta-sesenta, cando viña o "do ferro bello", viña cun carro e dicía: Compro ferroo, cobre,metal, aluminioooo!. Entón os rapaces xuntabamos todo canto ferro bello encontrabamos, levávamosllo e dábanos unhas pesetas por el, que boas eran!. Era moi ben pagado o plomo, que nos adicábamos a buscar entre as pedras da Areamorta, do que caía dos aparellos que se tendían nas cabrias, encontrabamos moito.
As pedras da Areamorta, que tesouro perdido.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada